Estudio: De dominio público
Datos de contacto: De dominio público Arzobispo Malvar nº 11 1ºdcha 36002 pontevedra T. 670518991 ddp@dedominiopublico.com www.dedominiopublico.com
Proxecto: Pecados. Ciclo de músicas prohibidas
Cliente: Concello de Pontevedra
Ano: 2008
Deseñadores/as: Cristina Varela / Marcos Dopico
Categorías: Gráfica aplicada
Pecados é un ciclo de músicas prohibidas. Nin músicas populares contemporáneas nin músicas avanzadas nin músicas especializadas, senón músicas prohibidas. Os pecados son a pluralidade, a curiosidade e unha certa ignorancia. Non existen xa fronteiras entre etiquetas e xéneros. Stereolab, The Residents e Toumani Diabaté podían armar o cartel dun festival. A electrónica e a música tradicional africana e o pop e a performance podían convivir e dialogar nun mesmo espazo e coa mesma coartada.
A identidade visual para o ciclo de concertos alude ao pecado do ornamento, ou ao delito que diría Aldolf Loos de poñer xuntos a tipografía DINo Pantone Rodamine e a textura ornamental.
Pecados: Ciclo de músicas prohibidas é un ciclo de concertos organizado polo Concello de Pontevedra e SinSal audio.